viernes, 13 de febrero de 2026

Novas sorpresas en marcha na nosa biblioteca


A ilusión continúa na nosa biblioteca, onde o alumnado xa está a preparar novas actividades que moi pronto poderemos gozar.
Entre elas, están a organizarse contacontos baseados nos libros "Sopa verde" e "Entre rías", que prometen encher o espazo de emoción, creatividade e moito entusiasmo. Ademais, están a prepararse pequenos experimentos e unha interesante exposición sobre cabalos, froito do traballo e a curiosidade dos nosos alumnos e alumnas.
Encántanos ver como a biblioteca se converte nun lugar vivo, dinámico e cheo de iniciativas. Moi pronto poderemos compartir todas estas sorpresas que, sen dúbida, volverán facernos gozar aprendendo xuntos e xuntas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario