Na biblioteca do noso cole comezamos unha nova iniciativa para fomentar o hábito lector e, ao mesmo tempo, coñecer mellor como funciona a nosa biblioteca.
Propoñemos ao alumnado un emocionante reto: completar un álbum con 10 cromos! Cada cromo conseguirase tras a lectura dun conto. Pero non vale calquera lectura… Os libros deberán pertencer ás distintas categorías identificadas na nosa biblioteca.Grazas ás titoras por implicar ao alumnado e aos alumnos e alumnas por interesarse tanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario