Blog da biblioteca Ceip Albeiros
domingo, 20 de diciembre de 2020
viernes, 11 de diciembre de 2020
BOS DESEXOS E FELICITACIÓNS DE NADAL
Como este ano non é posible ambientar o centro con motivos de Nadal, queremos brindarvos a posibilidade de deixar un bo desexo ou ben felicitación de Nadal nun taboleiro virtual.
Para saber como tes que facer presta atención ás seguintes instrucións:
Agora que xa sabes como facelo debes buscar o teu taboleiro pinchando enriba do teu nivel educativo.
jueves, 3 de diciembre de 2020
miércoles, 2 de diciembre de 2020
CINEMA INCLUSIVO
Queremos compartir con vós un cinema moi especial; un cinema inclusivo. Cada unha destas películas fainos reflexionar sobre valores, empatía, e o noso papel tan importante, para levar a cabo unha verdadeira inclusión.
lunes, 30 de noviembre de 2020
viernes, 27 de noviembre de 2020
DÍA DAS "CAPACIDADES"
O vindeiro 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade, que nós preferimos chamar día das "capacidades". Deixámosvos este genially con diferentes contos que falan da diversidade funcional. É importante fomentar a empatía, o respecto, a tolerancia e poñernos na pel do outro para comprender mellor os sentimentos dos demais. Todos somos diferentes e ao mesmo tempo todos somos especiais. Agardamos que vos gusten moito os contos!.
miércoles, 25 de noviembre de 2020
CORRELINGUA
Un ano máis conseguimos gañar o correlingua! Este ano foi o alumnado de 6ºA que fixeron este fermosísimo traballo na categoría de vídeo!Noraboa !!