viernes, 13 de febrero de 2026

A biblioteca: un espazo para gozar da lectura


Na nosa biblioteca, cada día vívense pequenos grandes momentos ao redor dos libros. O alumnado goza do pracer de ler, de descubrir novas historias e de deixarse levar pola imaxinación.
Seguimos fomentando o gusto pola lectura como unha porta aberta ao coñecemento, á creatividade e ao crecemento persoal. Porque ler é viaxar sen moverse do sitio… e na nosa biblioteca, intentamos que as viaxes non se deteñan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario