viernes, 13 de febrero de 2026

Celebramos o Día da Paz creando e construíndo xuntas.






Con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro), a nosa biblioteca converteuse nun espazo de encontro onde a creatividade e a reflexión camiñaron da man.
Un dos talleres permitiu ao alumnado realizar construcións con engrenaxes, traballando de maneira cooperativa para que cada peza encaixase e o mecanismo funcionase correctamente. Unha actividade que serviu como metáfora da convivencia: todas as persoas somos importantes e, cando colaboramos, todo avanza mellor.
Outro dos talleres, vinculado ao noso Proxecto de Centro sobre fotografía, consistiu nunha actividade moi creativa: cada alumno e alumna recibiu unha fotocopia co debuxo dunha cámara, que debía colorear e personalizar. Despois, elixían unha palabra relacionada coa paz e realizaban unha fotografía que representase esa idea. Finalmente, pegaban a imaxe na súa cámara, converténdoa nunha mensaxe visual chea de significado.
Tamén gozamos dun taller de construcións con LEGO e Mellis, no que crearon libremente distintos elementos relacionados coa paz.
Por último, había unha proposta de robótica onde a través de pistas o alumnado descubría a bibiografía de persoas que recibiran o premio nobel da paz.
Foi unha xornada na que palabra, imaxe e construción uníronse para lembrarnos que a paz se aprende, practícase e constrúese cada día entre todos e toda
Grazas ao equipo de Polos por colaborar coa biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario