A biblioteca do noso centro encheuse de ilusión, fantasía e moita emoción co contacontos “Corno de Unicornio”, representado por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria.
Os nenos e nenas prepararon con gran dedicación esta historia, coidando cada detalle: a narración, a entoación, os xestos e mesmo a posta en escena. Grazas ao seu esforzo, o público puido mergullarse nun relato cheo de imaxinación, aventuras e valores como a amizade, a valentía e a importancia de crer nun mesmo.
Desde a biblioteca queremos felicitalos pola súa implicación e a súa magnífica actuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario