O pasado 2 de abril celebramos na nosa biblioteca o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e fixémolo dunha forma moi especial: a través dos contos e a emoción compartida.O protagonista desta xornada foi o conto “Lila, a pequena libélula”, unha historia que nos convida a mirar con outros ollos, a valorar a diferenza e a voar con respecto, empatía e comprensión.
As representacións foron moi variadas e enriquecedoras:
Algunhas estiveron a cargo do profesorado, que con agarimo e sensibilidade deu vida á historia. E outras foron levadas a cabo polo alumnado de 4º de Primaria, que utilizou a técnica do kamishibai para narrar o conto dunha forma orixinal e moi visual.
Cada versión de “Lila” deixounos unha mensaxe importante: todas e todos somos únicos, e iso fainos especiais.
Grazas a quen o fixeches posible co voso esforzo, a vosa entrega e o voso corazón.
Porque celebrar a diversidade é tamén unha forma de construír un mundo máis xusto, máis amable e máis cheo de cor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario