domingo, 27 de abril de 2025

Celebramos o Día do Libro



O pasado 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o noso colexio viviu unha xornada moi especial na que os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria convertéronse en auténticos embaixadores da lectura.
Organizamos unha pequena "feira do libro" na biblioteca do centro, na que os maiores presentaron os seus libros favoritos aos compañeiros de 3º e 4º de Primaria. Con entusiasmo e moita ilusión, falaron sobre as historias que máis lles emocionaron, as personaxes que máis lles inspiraron e os motivos polos que eses libros gañáronse un lugar especial nos seus andeis… e nos seus corazóns!
Foi unha experiencia preciosa, na que non só compartiron lecturas, senón tamén emocións, recomendacións e gañas de seguir descubrindo novas aventuras entre páxinas. Os máis pequenos escoitaron con atención, fixeron preguntas e saíron con moitas ganas de ler algúns dos libros que os seus compañeiros presentáranlles.
Desde a biblioteca do CEIP queremos felicitar a todos e a todas as participantes pola súa implicación e por demostrarnos, unha vez máis, que ler é compartir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario