O alumnado de 4º de Educación Primaria participou nunha fermosa actividade de lectura compartida xunto aos nenos e nenas de Educación Infantil arredor da obra A galiña roxa, adaptación de Pilar Martínez e ilustrada por Marco Somà.
Durante o encontro, o alumnado de 4º púxolle voz á historia e tamén a representou, facendo da lectura unha experiencia moito máis dinámica e participativa. Ademais, para achegar o conto á realidade e facilitar a comprensión da historia, levaron sementes, trigo e pan, permitindo que os máis pequenos e pequenas coñecesen mellor o proceso de elaboración do pan.
Foi unha actividade chea de aprendizaxe, creatividade e colaboración na que os libros se converteron nunha experiencia para ver, escoitar, tocar e compartir.
No vídeo que mostramos a continuación, ademáis da voz dos nonos menos e nenas, tamén poderedes ver imaxes das ilustracións de Marco Somà, que acompañan esta coñecida historia tradicional e lle dan unha gran beleza visual.
Grazas ao alumnado de 4º e as súas mestras por tan marabillosa actuación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario