lunes, 18 de mayo de 2026

Creamos soportes para os libros da nosa biblioteca.






Shadowbox: os libros cobran profundidade.
Durante a Semana do Libro, o alumnado de 5º de Educación Primaria participou nunha actividade creativa que combinou lectura, arte e tecnoloxía. O proceso comezou na biblioteca, onde por grupos escolleron diferentes libros para ler e traballar sobre eles.
A partir da lectura, o alumnado realizou debuxos inspirados nas historias, desenvolvendo parte do traballo na biblioteca e continuándoo na aula. Estas creacións foron o punto de partida para un proxecto máis avanzado en colaboración co equipo de Polos Creativos.
Entre todos e todas deseñaron unha shadowbox, unha caixa tridimensional que transforma unha imaxe plana nunha composición con efecto de profundidade mediante capas de cores separadas a diferentes distancias. Tras o seu deseño e vectorización, o resultado foi impreso en 3D.
As obras finais expuxéronse na entrada do centro, permitindo que toda a comunidade educativa puidese gozar desta orixinal forma de dar vida ás historias.
Graças aos seus mestres e o equipo de Polos por tan estupenda creación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario