viernes, 29 de mayo de 2026

Click! Pequenas miradas, grandes historias



Na nosa biblioteca seguimos preparando con moita ilusión a exposición fotográfica “Click! Pequenas miradas, grandes historias”… e o alumnado xa comezou a darlle difusión!
Nestes días, nenos e nenas estiveron elaborando carteis e invitacións para anunciar a exposición e animar ás familias e á comunidade educativa a achegarse a descubrir os traballos realizados ao longo do curso.
A través destas creacións tamén traballaron a comunicación visual, a creatividade e a importancia de compartir coa contorna todo o aprendido. Pouco a pouco, a exposición vai tomando forma e xa se nota a emoción e as ganas de ensinar tantas historias contadas a través da fotografía.
📸 Moi pronto poderemos desfrutar de todas estas pequenas miradas capaces de contar grandes historias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario