domingo, 17 de mayo de 2026

Contacontos nos recreos da biblioteca





Durante a semana pasada, a nosa biblioteca encheuse de historias, imaxinación e moita ilusión grazas aos contacontos preparados por dous grupos de alumnas de 5º de Educación Primaria.
Representaron o conto Sopa verde, de Pep Bruno, empregando un pequeno teatro co que deron vida á historia dunha maneira moi divertida e creativa.
A continuación, compartiron A eiruga moi larpeira, de Eric Carle, utilizando pezas de feltro para representar os diferentes elementos do conto, facendo a narración moi visual e participativa para o público máis pequeno. Ademais aproveitamos para ver como crecen e elaboraran os seus capsulos os nosos gusanos de seda.
Queremos felicitar e agradecer ás alumnas o seu gran traballo, esforzo e dedicación na preparación destas actividades. Grazas por compartir o voso tempo, a vosa creatividade e o voso amor polos contos con toda a comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario