viernes, 29 de mayo de 2026

Click! Pequenas miradas, grandes historias



 📸✨ Xa está aquí “Click! Pequenas miradas, grandes historias”, a exposición fotográfica do alumnado do.
Do 1 ao 14 de xuño, o Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, situado na Ronda da Muralla, converterase nun espazo cheo de creatividade, emocións e historias contadas a través da fotografía.
Ao longo deste curso, cada nivel do centro participou en diferentes proxectos relacionados coa imaxe e a comunicación dentro do Proxecto Documental Integrado da biblioteca. Paisaxes, poesía visual, arte urbana, pequenos mundos, obxectos con memoria ou cámaras fotográficas forman parte deste percorrido creado polas pequenas grandes miradas do noso alumnado.
Convidamos ás familias e á comunidade educativa a achegarse e desfrutar desta mostra colectiva na que a fotografía se converte nunha ferramenta para observar, expresar, emocionar e contar historias.




No hay comentarios:

Publicar un comentario