domingo, 17 de mayo de 2026

As cores da natureza: Un mural cheo de creatividade e convivencia.




Comezamos coa lectura do libro “Los colores de la naturaleza”, que nos axudou a observar a contorna cunha mirada máis atenta. Despois, realizamos unha saída ao exterior na que o alumnado de 5º e 6º de EI capturou, por medio da fotografía, diferentes cores presentes na natureza: os verdes das follas, os azuis do ceo, os marróns das cortezas ou as cores vivas das flores.

As fotografías realizadas foron posteriormente sublimadas sobre unha tea branca que serviu como base para a creación dun gran mural colaborativo. 

A continuación, o alumnado de 4º de EP xunto con alumnado do CEE Santa María interviu a tea utilizando pinturas inspiradas nas distintas cores do círculo cromático, enchendo a obra de imaxinación, expresión e cor.

Foi unha xornada moi especial de convivencia e inclusión, que rematou con xogos e unha merenda compartida entre todos e todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario