domingo, 17 de mayo de 2026

Entrega de premios do concurso de fotografía


Xa fixemos entrega dos premios do noso concurso de fotografía, unha actividade na que o alumnado puido amosar a súa creatividade e a súa particular maneira de mirar o mundo a través da cámara.
Queremos felicitar especialmente aos tres gañadores desta edición, polo seu gran traballo e polas fantásticas fotografías presentadas.
Agradecemos tamén a participación de todo o alumnado e das familias, que contribuíron a facer deste concurso unha experiencia chea de ilusión, arte e aprendizaxe compartida. Seguiremos descubrindo historias e emocións a través da fotografía!

No hay comentarios:

Publicar un comentario