Con motivo da Semana do Libro, o alumnado de 3º de Educación Primaria participou nunha fermosa actividade de apadriñamento lector xunto aos nenos e nenas de Educación Infantil.
Durante estes encontros, os maiores convertéronse en padriños e madriñas de lectura, compartindo contos, historias e momentos moi especiais cos máis pequenos e pequenas do centro. Para facer a experiencia aínda máis máxica, prepararon pequenas marionetas dos protagonistas dos contos e mesmo trouxeron peluches das súas casas que axudaron a ambientar e dar vida ás lecturas.
Xuntos descubriron libros, conversaron sobre as ilustracións e desfrutaron da lectura nun ambiente cheo de agarimo, ilusión e compañeirismo.
Esta actividade permitiunos fomentar o gusto pola lectura ao mesmo tempo que fortalecemos os vínculos entre o alumnado de diferentes etapas, convertendo os libros nunha ponte para compartir emocións e aprendizaxes.
Moitísmas grazas as mestras e mestres do alumnado de terceiro e, por suposto, a todo o alumnado participante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario