Esta semana vivimos unha xornada moi especial na biblioteca grazas á visita do avó dun alumno de Educación Infantil, que nos sorprendeu cun divertido espectáculo de maxia cheo de ilusión e fantasía.
Ao longo da actuación, puidemos descubrir trucos relacionados coa lectura e os libros: libros en branco que de repente aparecían cheos de debuxos.
Un dos momentos máis emocionantes foi cando a nosa mascota da biblioteca, Burbulla, apareceu e desapareceu como por arte de maxia, provocando asombro e moitas risas entre os nenos e nenas.
Foi unha actividade chea de ilusión que nos permitiu comprobar, unha vez máis, que os libros e a lectura tamén poden estar cheos de maxia.
Queremos agradecerlle de corazón a súa visita, a súa dedicación e o cariño co que preparou este espectáculo tan especial para o noso alumnado. Grazas por compartir con nós a maxia, a ilusión e tantos sorrisos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario