Na Semana do Libro recibimos a visita de Celia Veiga, autora e ilustradora do libro Entre rías.
Durante o encontro, o alumnado puido achegarse ao seu traballo, coñecer o proceso creativo da obra e compartir un momento moi especial arredor da lectura e da ilustración.
A continuación, dúas alumnas de 4º de Educación Primaria representaron a historia mediante monicreques, achegando o conto ao alumnado dunha maneira moi creativa.
Por último, cada neno e nena elaborou o seu propio paxariño inspirado na obra, participando nunha actividade artística chea de imaxinación e sensibilidade.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu desfrutar da lectura, da ilustración e da creación compartida arredor dos libros.
Grazas Celia por compartir con nós a túa paixón.
Grazas as nosas alumnas de 4º por agasallarnos cunha representación tan marabillosa e por toda a súa axuda cos paxaros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario