miércoles, 17 de diciembre de 2025

Celebración do 3 de decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade


O pasado 3 de decembro, no noso centro celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha actividade moi especial organizada desde a biblioteca escolar. Un grupo de alumnas voluntarias preparou con moito agarimo un pequeno contacontos, a través do cal nos amosaron a importancia de valorar a diversidade e comprender que todas as persoas temos diferentes capacidades.

Desde a biblioteca, agradecemos a implicación das alumnas participantes e celebramos este tipo de iniciativas que fomentan valores tan importantes dentro da nosa comunidade educativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario