miércoles, 17 de diciembre de 2025

🔬 Novembro de experimentos na biblioteca


Durante este mes de novembro, a nosa biblioteca encheuse de curiosidade, preguntas e moitas ganas de aprender. Ao longo de varias sesións, o alumnado puido participar en distintos experimentos científicos, convertendo a biblioteca nun auténtico laboratorio.

Ademais, nesta ocasión, os nosos colaboradores e colaboradoras tamén se animaron a poñerse detrás da cámara, actuando como fotógrafos e achegándose un pouquiño máis ao PDI do centro, deixando constancia destes momentos tan especiais.

Desde a biblioteca queremos agradecer a súa implicación e entusiasmo, así como a participación do alumnado. Grazas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario