No noso colexio comezamos como cada ano coa iniciativa dos MaletÃns Viaxeiros. Este proxecto, xa consolidado, busca fomentar o amor pola lectura, a curiosidade e a implicación das familias na aprendizaxe do alumnado.
Cada semana, un grupiño de nenos ou nenas teñen a oportunidade de levar para casa un maletÃn con libros en galego e en castelán. Son lecturas variadas: contos, álbums ilustrados, libros de investigación e pequenas propostas para compartir en familia. O obxectivo é moi sinxelo e marabilloso: ler xuntos na casa, conversar sobre as historias, descubrir cousas novas e gozar do pracer de aprender acompañados.
Cando remata a semana, os maletÃns regresan ao cole cargados de experiencias lectoras. En Educación Infantil, ademais, o alumnado participa dunha parte esencial do proceso: comproban que todos os libros están dentro, en bo estado e colocados correctamente. Deste xeito, traballan a autonomÃa, a responsabilidade, o coidado do material común e outras habilidades importantÃsimas para o seu desenvolvemento.
Grazas aos MaletÃns Viaxeiros, construÃmos unha ponte entre escola e familia, promovendo a lectura como unha actividade compartida, divertida e significativa.
Grazas familias!
No hay comentarios:
Publicar un comentario