domingo, 16 de noviembre de 2025

💼📚 Chegan ao cole as Maletas Viaxeiras de Bibliotecas Escolares: unha invitación a ler


Esta semana recibimos no noso centro unha das propostas máis fermosas que cada ano nos ofrecen desde Bibliotecas Escolares de Galicia: as Maletas Viaxeiras. Trátase de maletas cargadas de libros co obxectivo de fomentar a lectura e achegar ao alumnado a diferentes temas de interese común.

A maleta que nos chegou nesta ocasión está dedicada á INCLUSIÓN, un tema fundamental para construír unha escola aberta, diversa e respectuosa con todas as persoas. Dentro dela atopamos contos, álbums ilustrados, libros informativos, novelas e materiais que axudan a reflexionar sobre a diversidade, a empatía, o respecto e as distintas formas de ser e de estar no mundo.

Grazas BE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario