viernes, 11 de abril de 2025

Celebramos o Día do Teatro cun reto moi especial!


O pasado 27 de marzo, na Biblioteca Escolar, unímonos á celebración do Día Mundial do Teatro cunha proposta diferente, divertida e... moi teatral! Lanzamos ao alumnado un reto curioso: Por que no teatro deséxase “moita merda!” en lugar de “moita sorte!”?
A participación foi altísima, e encantounos ver como nenos e nenas de distintas idades interesábanse por descubrir a orixe desta peculiar tradición teatral. Investigaron, preguntaron, debateron e compartiron as súas respostas con entusiasmo. Que alegría velos tan motivados!
Como recoñecemento ao seu esforzo, a súa implicación e a súa creatividade, cada participante recibiu un pequeno agasallo conmemorativo, símbolo do seu paso por este reto cultural tan especial.
Con actividades como esta, buscamos non só achegar o teatro ao alumnado, senón tamén fomentar a curiosidade, a investigación autónoma e o gusto por aprender cousas novas de maneira lúdica.
Grazas a todos e todas por participar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario