sábado, 28 de marzo de 2026

Contos da Garaballa




Dentro das actividades da nosa biblioteca, puxemos en marcha un bonito proxecto de animación á lectura en Educación Infantil coa participación das familias. As familias que o desexan achéganse ao centro para compartir un momento moi especial: a lectura dun conto cos nenos e nenas de Infantil. A través destas visitas, o alumnado desfruta de novas historias contadas con cariño, nun ambiente próximo e motivador.
Esta iniciativa non só fomenta o gusto pola lectura desde idades temperás, senón que tamén fortalece o vínculo entre a escola e as familias, facendo da biblioteca un espazo de encontro e aprendizaxe compartido.
Sen dúbida, está a ser unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.












Escribimos fotopoemas.



Con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía, desde a biblioteca do noso centro levamos a cabo durante os recreos destas semanas un taller moi especial no que unimos creatividade, escritura e fotografía. Comezamos a actividade cunha dinámica moi motivadora: nunhas potas o alumnado atopaba distintas palabras, que se convertían nos ingredientes para crear os seus poemas, e tamén obxectos, que servían de inspiración para realizar as súas fotografías. A partir deles, cada participante deixou voar a súa imaxinación para construír pequenas historias visuais e escritas.
Ao longo do taller, o alumnado puido experimentar como tanto a imaxe como a palabra son poderosas formas de comunicación e expresión. Finalmente, imprimimos as fotografías e, sobre elas, escribimos os poemas utilizando lapis de impresión 3D, dando forma a uns orixinais e creativos
Ao longo do taller, o alumnado puido experimentar como tanto a imaxe como a palabra son poderosas formas de comunicación e expresión. Finalmente, imprimimos as fotografías e, sobre elas, escribimos os poemas utilizando lapis de impresión 3D, dando forma a uns orixinais e creativos fotopoemas.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que fomentou a creatividade e permitiunos celebrar a poesía dun xeito diferente e moi especial.
Grazas a todos e a todas por axudar e participar.
Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que fomentou a creatividade e permitiunos celebrar a poesía dun xeito diferente e moi especial.
Grazas a todos e a todas por axudar e participar.

Día da muller. Inma Purriños, fotógrafa emprendedora






Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, desde a biblioteca do noso centro organizamos unha actividade moi especial enmarcada no proxecto deste curso, centrado nas distintas formas de comunicación, especialmente a fotografía.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo tivo a oportunidade de desfrutar da visita da fotógrafa lucense Inma Purriños, quen compartiu a súa experiencia profesional e a súa paixón pola fotografía. Procedente dunha familia de fotógrafos, Inma, xunto á súa irmá, tamén dedicada a este ámbito, é un claro exemplo de muller emprendedora que logrou converter a súa paixón na súa forma de vida.
Durante a charla, o alumnado puido coñecer a evolución das cámaras fotográficas ao longo do tempo e descubrir como a fotografía é unha poderosa ferramenta de comunicación e expresión, capaz de contar historias e transmitir emocións sen necesidade de palabras. Ademais, Inma mostrounos impactantes traballos pertencentes a dúas exposicións relacionadas co cancro e cos perigos do uso inadecuado das imaxes na internet, fomentando así a reflexión e o pensamento crítico.
A súa traxectoria profesional, recoñecida con importantes galardóns como o Goya de Fotografía obtido en 2003, serviu tamén de inspiración para o noso alumnado.
Sen dúbida, foi unha xornada moi enriquecedora que nos permitiu reflexionar sobre o papel da muller no ámbito profesional e artístico, así como valorar a fotografía como unha ferramenta fundamental para comunicarnos e expresarnos.
Grazas Inma, foi unha sorte compartir contigo unha mañá.

Día da Muller. Tecendo en igualdade


Na nosa biblioteca vivimos unha experiencia moi especial con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, en colaboración co equipo de Polos. O alumnado participou nunha actividade creativa e innovadora na que combinaron arte, tecnoloxía e traballo en equipo. 
A través da costura, deron vida a deseños propios e a imaxes seleccionadas, incorporando loces LED mediante circuítos elaborados con fíos condutores. Esta proposta non só fomentou a creatividade e a experimentación, senón tamén a aprendizaxe práctica e a resolución de problemas.
Máis aló do resultado final, a actividade permitiunos reflexionar sobre a importancia de crear espazos inclusivos onde todas as persoas poidan participar, aprender e construír xuntas. Unha iniciativa que iluminou, en todos os sentidos.
Grazas ao equipo de polos e a todas as persoas participantes polo seu entusiasmo e creatividade.

viernes, 13 de marzo de 2026

Que estará argallando Burbulla?


Moitas novidades na nosa biblio

 


Fotografías que contan... A visita das familias!






Dentro do noso proxecto de biblioteca “Fotografías que contan”, estamos a vivir unha experiencia moi especial grazas á participación das familias do alumnado de Educación Primaria.
Ao longo destas semanas, distintas familias están a achegarse ao centro para compartir connosco unha imaxe significativa e, a partir dela, contarnos unha historia. Grazas a estas vivencias, o alumnado está a descubrir que cada fotografía encerra moito máis do que vemos a primeira ollada.
Estamos a aprender sobre o valor histórico das imaxes, xa que algunhas reflicten lugares ou casas que hoxe en día desapareceron, así como os cambios que experimentaron edificios antigos co paso do tempo. Tamén estamos a coñecer historias cheas de recordos, momentos compartidos e emocións vinculadas a espazos cotiáns.
Este proxecto está a permitirnos reflexionar sobre a importancia do noso patrimonio, as nosas lendas, as nosas paisaxes e os nosos costumes, entendendo a fotografía como unha poderosa ferramenta para conservar a memoria e comunicarnos.
Aínda nos quedan familias por vir, polo que desexamos seguir escoitando novas historias que, sen dúbida, seguirán enriquecéndonos. Grazas familias por compartir o voso tempo e
historias connosco. A vosa participación reforza o vínculo familia e escola.