Na nosa biblioteca vivimos unha experiencia moi especial con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, en colaboración co equipo de Polos. O alumnado participou nunha actividade creativa e innovadora na que combinaron arte, tecnoloxía e traballo en equipo.
A través da costura, deron vida a deseños propios e a imaxes seleccionadas, incorporando loces LED mediante circuítos elaborados con fíos condutores. Esta proposta non só fomentou a creatividade e a experimentación, senón tamén a aprendizaxe práctica e a resolución de problemas.
Máis aló do resultado final, a actividade permitiunos reflexionar sobre a importancia de crear espazos inclusivos onde todas as persoas poidan participar, aprender e construír xuntas. Unha iniciativa que iluminou, en todos os sentidos.
Grazas ao equipo de polos e a todas as persoas participantes polo seu entusiasmo e creatividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario