domingo, 17 de mayo de 2026

Isto que vén sendo?


Continuamos coas nosas actividades en colaboración coas familias a través do proxecto: “Isto que vén sendo…”, unha proposta relacionada co noso PDI na que o alumnado de 4º de Educación Primaria convértese en investigador.
Nesta actividade, as familias visitan a biblioteca levando diferentes ferramentas antigas e propoñen ao alumnado un reto: descubrir para que servían. A partir da observación, os nenos e nenas lanzan distintas hipóteses, poñendo en marcha a súa imaxinación.
Despois, as familias descobren o misterio explicando o nome da ferramenta, o seu funcionamento e os usos que tiña antigamente, achegándonos así á historia e ás tradicións da nosa contorna.
Para rematar a experiencia, o alumnado realiza un bodegón fotográfico da ferramenta, traballando a observación, a composición e a creatividade a través da fotografía.
Un proxecto cheo de aprendizaxe compartida no que escola e familias colaboran para descubrir, recordar e crear xuntos.
Grazas a todos e todas as participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario