viernes, 1 de mayo de 2026

Artes Galegas. Dar vida as imaxes




Durante os recreos do mes de abril, a nosa biblioteca escolar converteuse nun espazo creativo e cheo de movemento grazas a un pequeno obradoiro no que o alumnado puido experimentar con novas formas de expresión visual.Aproveitando que este ano o Día dás Artes Galegas estivo dedicado ao fotógrafo José Suárez, e en relación co proxecto da biblioteca centrado noutros xeitos de comunicarnos, como a fotografía, propuxemos unha actividade diferente: dar vida ás imaxes.
Así, os nenos e nenas participaron na creación de pequenos “libros en movemento” e "rodas animadas". A través de debuxos secuenciados e sinxelos mecanismos, descubriron como xerar a ilusión de movemento, facendo que as súas imaxes cobrasen vida ao pasar as páxinas ou virar as rodas. Un dos exemplos que máis lles sorprendeu foi o da libélula, que parecía voar ao virar rapidamente a roda.
Este obradoiro non só fomentou a creatividade e a imaxinación, senón que tamén permitiu ao alumnado achegarse, de forma lúdica, aos principios básicos da animación e a narrativa visual. Ademais, reforzou a idea de que existen múltiples formas de contar historias máis aló das palabras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario