viernes, 24 de octubre de 2025

A biblioteca medra… e queda con nós en cada recuncho do cole!

 Con motivo do día das Bibliotecas, no noso colexio quixemos render homenaxe a un dos espazos máis máxicos e queridos do centro: a biblioteca.

Mais este ano non quixemos limitarnos a celebrala só un día... decidimos facela medrar e saír das súas paredes para quedar con nós durante todo o curso!

Así naceu a idea dunha biblioteca que se espande polo recibidor, polo patio... levando libros, xogos e aprendizaxes a todos os recunchos do colexio.

Nestes días o noso alumnado de infantil e primaria está a compartir momentos de lectura  e diversión, onde os maiores axudan aos máis pequenos e todos gozan aprendendo.

Agradecemos de corazón a colaboración dos nosos colaboradores e colaboradoras, que fan posible que cada conto atope o seu lector e que cada espazo se encha de xogos e sonrisos.

Este ano o día das Bibliotecas está adicado á loita contra a desinformación e dende o noso centro queremos contribuír a este obxectivo: fomentando a lectura crítica, o diálogo e a curiosidade por aprender a distinguir entre información e opinión. Estes novos espazos e a nosa biblioteca axudarán ao longo do curso a conseguilo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario