Na nosa biblioteca xa empezan a asomar as primeiras fotografías que formarán parte da exposición final do proxecto interdisciplinar deste curso.
Nesta ocasión, o eixo do proxecto vira ao redor das distintas formas de comunicarnos, en especial coas imaxes. Reflexionamos sobre como as persoas transmitimos ideas, emocións, experiencias e coñecementos: a través da fotografía. A través dos seus cámaras, o alumnado está a explorar como unha imaxe pode contar unha historia, expresar un sentimento ou lanzar unha mensaxe sen necesidade de palabras. Están aprendido a observar, encadrar... e, sobre todo, a mirar o mundo con intención comunicativa.
Moi pronto poderemos gozar de todas elas, nunha exposición final que será o broche final a meses de traballo interdisciplinar, ilusión e cooperación.
Grazas a todas as titorías por ou implicación, aos e as especialistas que enriquecen os traballos e, por suposto, ao alumnado que son os verdadeiros protagonistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario