lunes, 15 de marzo de 2021

CÓDIGO QR NA MILLA DIARIA.

 Xa temos instalados os códigos QR no percorrido da milla diaria. Estos puntos marcarán a distancia percorrida acompañada de Burbulla, a nosa mascota da biblioteca preparada con chándal para facer a milla diaria. A carón atoparemos un código QR que oculta unha das portas da muralla e que enlaza co noso proxecto da biblioteca. Neste proxecto cada nivel traballará sobre unha das portas da muralla que se atopan agochadas nestes puntos da milla. Estade atentos porque pronto veremos os diferentes traballos realizados que terán un enlace a ese código QR.


Se pinchas na seguinte imaxe, levarate ao blog do Plan Proxecta onde poderás seguir todas as novidades.



No hay comentarios:

Publicar un comentario