martes, 3 de noviembre de 2026

Comeza a aventura do noso Club de Lectura!



Este curso a biblioteca pon en marcha unha nova aventura: o Club de Lectura, unha iniciativa que nace coas ganas de compartir historias, descubrir libros e gozar da lectura en compañía.
Na primeira xornada reunímonos co alumnado de 6º de Educación Primaria que decidiu sumarse a esta proposta. Foi un encontro cheo de ilusión no que tivemos a oportunidade de escoller o libro que nos acompañará nesta aventura lectora e, tamén, de poñer nome ao noso equipo. Porque todo gran club necesita unha identidade propia!
Ademais, grazas á colaboración de Polos Creativos, puxemos mans á obra para elaborar uns marcapáxinas de madeira personalizados, que serán os nosos compañeiros de viaxe ao longo das páxinas que nos agardan.
Agora xa temos libro, nome e marcapáxinas... Só falta mergullarnos na lectura e deixar que as historias nos leven a novos lugares!
Grazas a todo o alumnado participante polas ganas e a ilusión, e a Polos Creativos pola súa colaboración nesta primeira xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario