Este mes, na biblioteca realizamos un obradoiro moi especial de fotografía creativa centrado na técnica do light paintingou “pintar con luz”.
Nun espazo escuro e empregando linternas e diferentes puntos de luz, o alumnado experimentou coa fotografía de longa exposición, descubrindo como o movemento da luz pode crear formas, debuxos e efectos sorprendentes diante da cámara. Mentres unha persoa realizaba a fotografía, outras movían as luces no aire, convertendo cada imaxe nunha pequena obra artística chea de cor, movemento e imaxinación.
A través desta actividade traballaron a creatividade, a experimentación, o traballo en equipo e a observación, aprendendo ademais algunhas nocións básicas sobre o funcionamento da fotografía e da luz. O alumnado descubriu que, ás veces, a cámara tamén pode captar aquilo que os nosos ollos non chegan a ver.
No hay comentarios:
Publicar un comentario