viernes, 1 de mayo de 2026

Continuamos coas visitas das familias


No noso centro continúan os proxectos coa participación das familias, como “Contos da Garaballa” e “Fotografías que contan”, dúas propostas que enchen as nosas aulas de historias e momentos compartidos.
As familias visítannos para contar contos ou para descubrir, xunto ao alumnado, as historias que se esconden detrás das imaxes.
Unha experiencia moi especial que reforza a colaboración entre familia e escola, e que converte a aprendizaxe en algo aínda máis significativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario