Seguimos preparando con entusiasmo a exposición final do noso proxecto de biblioteca.
O alumnado de quinto de Educación Infantil participou nunha divertida saída para “cazar” as cores da natureza. Convertidos en pequenos exploradores, percorreron a súa contorna buscando e fotografando distintos tons: o azul do ceo, o violeta das flores ou o marrón das árbores, entre moitos outros.
Alén de aprender a observar con atención, pasárono en grande desfrutando da actividade ao aire libre. Unha proposta chea de cor, curiosidade e diversión, que demostra que a natureza tamén é unha gran fonte de inspiración para comunicarnos a través das imaxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario