viernes, 13 de marzo de 2026

Fotografías que contan... A visita das familias!






Dentro do noso proxecto de biblioteca “Fotografías que contan”, estamos a vivir unha experiencia moi especial grazas á participación das familias do alumnado de Educación Primaria.
Ao longo destas semanas, distintas familias están a achegarse ao centro para compartir connosco unha imaxe significativa e, a partir dela, contarnos unha historia. Grazas a estas vivencias, o alumnado está a descubrir que cada fotografía encerra moito máis do que vemos a primeira ollada.
Estamos a aprender sobre o valor histórico das imaxes, xa que algunhas reflicten lugares ou casas que hoxe en día desapareceron, así como os cambios que experimentaron edificios antigos co paso do tempo. Tamén estamos a coñecer historias cheas de recordos, momentos compartidos e emocións vinculadas a espazos cotiáns.
Este proxecto está a permitirnos reflexionar sobre a importancia do noso patrimonio, as nosas lendas, as nosas paisaxes e os nosos costumes, entendendo a fotografía como unha poderosa ferramenta para conservar a memoria e comunicarnos.
Aínda nos quedan familias por vir, polo que desexamos seguir escoitando novas historias que, sen dúbida, seguirán enriquecéndonos. Grazas familias por compartir o voso tempo e
historias connosco. A vosa participación reforza o vínculo familia e escola.


No hay comentarios:

Publicar un comentario