Dentro das actividades da nosa biblioteca, puxemos en marcha un bonito proxecto de animación á lectura en Educación Infantil coa participación das familias. As familias que o desexan achéganse ao centro para compartir un momento moi especial: a lectura dun conto cos nenos e nenas de Infantil. A través destas visitas, o alumnado desfruta de novas historias contadas con cariño, nun ambiente próximo e motivador.
Esta iniciativa non só fomenta o gusto pola lectura desde idades temperás, senón que tamén fortalece o vínculo entre a escola e as familias, facendo da biblioteca un espazo de encontro e aprendizaxe compartido.
Sen dúbida, está a ser unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario