viernes, 6 de febrero de 2026

Formación profes con David Catá

 

David Catá é un artista contemporáneo que combina fotografía, videocreación, pintura e música nunha linguaxe íntima e cargada de simbolismo. Graduado en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, #máster en fotografía en EFTI e formado en música no Conservatorio de Viveiro, entende a arte como unha extensión da memoria e a emoción

.O seu traballo foi exposto en institucións e galerías de países como Estados Unidos, Alemaña, China, Perú, Cuba, México, Portugal, Chile e España. Recibiu numerosos premios e participado en residencias internacionais de prestixio como a “Silk Road Artists” Rendezvous – China Tour for European Artists.

Cunha mirada profundamente poética, David Catá continúa ampliando os límites entre disciplinas, creando obras que interpelan desde o sensorial e o emocional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario