martes, 4 de marzo de 2025

Entroido en Galicia: creatividade, robots e tecnoloxía na nosa biblioteca





Este ano, a nosa biblioteca sumouse á celebración dos entroidos cunha proposta chea de innovación, creatividade e tradición galega. 
Durante as semanas previas ao entroido, o alumnado de primeiro ciclo, xunto coas súas mestras e a coordinadora de polos creativos, prepararon un conxunto de actividades tecnolóxicas para compartir con toda a comunidade escolar cando chegase dita celebración.
As actividades desenvolvidas consistían: na creación dun panel interactivo onde nos explicaban que personaxe típico saía en cada lugar e uns paneis de robótica con explicacións sobre tradicións galegas. 
Así durante os recreos da semana de entroido, os alumnos e alumnas de todos os ciclos puideron achegarse ao espazo da biblioteca para interactuar con estas actividades innovadoras, gozar dos costumes típicos do entroido e aprender programación. 
Os colaboradores e colaboradoras da biblioteca estiveron sempre presentes, guiando aos estudantes e fomentando a aprendizaxe e a diversión.
Grazas colaboradores!
Por suposto, tamén agradecemos ás profesoras, ao alumnado do primeiro ciclo e á coordinadora de polos creativos polo seu esforzo e dedicación, e por facernos gozar dun entroido diferente e moi tecnolóxico. Esperamos que todos gozasen desta mestura de tradición, creatividade e aprendizaxe!

No hay comentarios:

Publicar un comentario