domingo, 2 de febrero de 2025

Contacontos 4º EP "Todo o mundo cabe aquí"

O alumnado de 4º de Educación Primaria, acompañado das súas mestras, conmemorou o Día da Paz cun contacontos moi especial, baseado no relato “Todo o mundo cabe aquí”.

A través desta historia, que promove valores como a diversidade e o respecto, os nenos e as nenas mostraron como no colexio comézase a construír a paz, aprendendo a tratar a todos con igualdade e comprensión.
A actividade foi moi especial e os compañeiros gozaron moito. Un gran éxito dos pequenos contacontos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario