domingo, 23 de febrero de 2025

Celebrando o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado 11 de febreiro, con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, a nosa biblioteca celebrou unha serie de actividades especiais dirixidas a fomentar a participación e o interese das estudantes no mundo da ciencia. Durante toda a semana, os recreos transformáronse nun espazo de aprendizaxe e diversión, onde os voluntarios e voluntarias organizaron xogos como un memori, que permitiron aos nenos e nenas coñecer a importantes científicas.
Estas actividades non só foron unha forma divertida de aprender, senón tamén unha oportunidade para inspirar ás nosas nenas a interesarse polas ciencias, mostrarlles que teñen un papel fundamental neste campo e motivalas a seguir carreiras científicas.
Grazas a todos os que participaron e colaboraron nesta fermosa iniciativa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario