Onte tivemos unha sesión de formación sobre KOHA impartida por Alexandra Cabana. Foi unha primeira toma de contacto con este novo sistema de Xestión de Bibliotecas que queremos implantar na nosa.
Nas vindeiras semanas, unha vez instalado, teremos que poñer a proba o aprendido empregando KOHA para a catalogación e préstamo dos novos fondos. Adquirir coñecementos novos require esforzo pero, en troques, resulta saudable e pracenteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario