jueves, 25 de enero de 2024

LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi, un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza.
Cada ano, o 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Lembramos que a paz non é só a ausencia de guerras. A paz é, sobre todo, respectar as diferencias, resolver os conflitos dende o diálogo, sentirnos parte dunha comunidade global coa que compartimos o esencial: o dereito a unha vida digna. E isto é algo que podemos facer cada día.

Pincha aquí para ver unha breve explicación do motivo de tal conmemoración:

No primeiro andar tedes, coma noutras ocasións, un par de expositores con libros recomendados para reflexionar sobre este tema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario