viernes, 16 de marzo de 2018

OBRADOIRO DOS SENTIDOS

Hoxe tivemos unha actividade moi especial na biblioteca. Os máis pequenos do cole, o alumnado de tres anos, achegouse á biblio para experimentar cos sentidos. Alí estaban preparados varios recantos:
-O recanto da vista: con gafas con cristais de cores, un caleidoscopio (palabra moi rara e que nos custaba pronunciar)  e unha lupa coa que miramos insectos de cerca.
- O recanto do gusto: probamos sal do himalaia rosa, azucre e limón.
- O recanto do tacto: tocamos lixa, algodón, pompóns, estropajo. E tamén poidemos coller unhas pompas especiais coa man, xa que non se rompían!
- O recanto do olfato: Ulimos anis, eucalipto, lavanda, colonia, e manzanilla.
Quedounos o recanto do ouvido pero ese realizarémolo na clase coas nosas profes.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o divertido que foi e o ben que o pasamos. Para rematar comimos unhas galletas riquísimas! mmmm!
Dende aquí queremos dar moitísimas grazas ás profes Conchi e Chelo que axudaron as titoras a levar a cabo esta actividade cos nenos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own picture slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario