Tivemos a sorte de contar no noso cole con Ana Matnadze, Mestra Internacional e gran mestra feminina , ademais de campiona en varias categorias. Pincha na imaxe para vela.
Xa temos na nosa biblioteca preparado o recanto de Nadal cunha selección de lecturas para estas datas. Estes contos están cedidos como préstamo pola biblioteca Municipal do parque da Milagrosa e estarán no noso Centro ata o vindeiro 19 de Decembro. Agardamos que desfrutedes deles. Felices lecutras!.
Como tódolos anos, o Centro participa na elaboración do calendario Estiño, este ano tocounos participar elaborando material do ciclo da auga. Se pinchas na imaxe levarate ao blog do Centro onde poderás ver os traballos que fixemos. Somos uns artistas!
Hoxe rematamos as actividades realizadas na biblioteca para celbrar o Samaín. Deixámosvos fotos das últimas manualidades feitas de xeito colaborativo polo noso alumnado.
Hoxe comezamos coas actividades de Samaín dentro da biblioteca. Realizamos actividades plásticas onde os maiores axudaban aos pequenos a realizar unha manualidade terrorífica!!!
Tamén escoitamos o conto e a canción de "corre, corre, cabaciña", na pizarra dixital.
Aquí vos deixamos o conto:
E aquí podedes escoitar a canción que tanto nos gustou e tanto cantamos:
Pincha nos seguintes enlaces para velos Aquí os alumnos de 3 anos A, axudados polos de 5º A
Unha das actividades que realizamos a comezos de curso é coñecer o funcionamento e normas da biblioteca. Nesta actividade participa todo o alumnado do cole xa que temos que saber perfectamente onde se colocan os libros e de que xeito, cales son os libros que debemos ler, onde temos os libros de consulta, cómic, inglés... Ademais de coñecer que temos que mirar no libro as indicacións establecidas pola CDU para organizar os libros e que esa información está na etiqueta do exterior do Aquí podemos ver alumnos que realizaron esta actividade.
Aquí vos deixamos con outra mostra do traballo realizado con comic de Asterix. Neste caso trátase do alumnado de quinto de primaria. Como podedes ver son uns verdadeiros artistas!!
Como xa sabedes, dende a biblioteca estamos levando a cabo o proxecto "Asterix". Aquí vos deixamos un xogo LIM para poñer a proba todas as cousas que aprendemos a través deste proxecto.
Este ano, o día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares. Dende a biblioteca queremos propoñervos estes xogos LIM, que enlazan con actividades do seminario galán, para coñecer un pouco máis a este escritor.
Se pinchas na seguinte imaxe poderás acceder a xogos da biografía do autor, así como, xogos para infantil e primaria.
Acaba de chegar ao noso centro a maleta viaxeira procedente de bibliotecas escolares. Este mes de maio poderemos desfrutar dela xa que ven cargadiña de libros e revistas de banda deseñada, que era outro dos aspectos que tiñamos en mente traballar este ano dende o equipo de biblioteca. Agardamos que vos guste moito.
Se premes na imaxe podes ver o contido da nosa maleta.