martes, 3 de diciembre de 2019

NOVIDADES

Acaban de chegar a coleción de contos de "Blef" a través dos cales coñeceremos máis e aprenderemos a identificar as nosas emocións. Agardamos que sexan do voso agrado.


sábado, 30 de noviembre de 2019

"NON MÁIS PRINCESAS"

Hoxe asistimos ao espectáculo de narración oral "Non Máis Princesas", un contacontos a prol da igualdade de xénero, onde a partir de duas historias moi divertidas Pedro Brandariz conciencia na erradicación dos estereotipos machistas, na eliminación dos roles de xénero e a prevención da violencia contra as mulleres.
Os contos, que vos recomendamos a lectura, foron os seguintes da autora: Raquel Díaz Reguera.






martes, 26 de noviembre de 2019

XOGAMOS NO RECANTO DA BIBLIOTECA INCLUSIVA

O alumnado de cinco anos A achegouse á biblioteca e pasouno bomba cos xogos que se atopan no recanto da biblioteca. Aquí tedes imaxes do momento.


25 DE NOVEMBRO: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Un ano máis o noso centro participa na proposta #equaliter contra a violencia de xénero. E aquí tedes o resultado.


sábado, 23 de noviembre de 2019

CONTACONTOS DE CASTORIA

Os máis pequenos do cole, o alumnado de cinco e tres anos, asistiron á biblioteca para escoitar un contacontos de Castoria, o método que empregan na aula. 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

CHARLA DO 061

Sanitarios do 061 visitaron a nosa biblioteca para ofrecer ao noso alumnado de cuarto e quinto de primaria, unha clase práctica de Reanimación Cardio Vascular.