lunes, 31 de mayo de 2021

TRABALLO FINAL DO PDI: "A NOSA MURALLA: AS PORTAS"

 Aquí vos deixamos os diferentes traballos realizados ao longo do presente curso en torno ás portas da muralla. Aparecen diferentes tipos de traballos: murais, presentacións, vídeos, sopas de letras, ... onde cada curso traballou a porta proposta.

A continuación poderedes acceder aos diferentes traballos a través dun código QR.

Neste Genially podes ver os diferentes traballos noutra presentación. 

MURAL LINGUA DE SIGNOS E BRAILLE

 Contamos cun novo mural no Centro onde se presenta a lingua de signos e o sistema de lectura e escritura Braille. No seguinte video podedes ver ao alumnado de sexto practicando.



miércoles, 19 de mayo de 2021

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

 Aquí vos deixamos un exemplo das actividades adicadas a Xela Arias no centro, co gallo do día das Letras Galegas.




Tamén se realizaron lecturas no percorrido da Milla Diaria:



LECTURAS NA MILLA DIARIA

 Co gallo do día do libro e do día das letras galegas, fixemos unha actividade en colaboración co Proxecto da Milla Diaria. Preparamos tres caixas con libros de lectura para tódalas idades e colocamolas en tres puntos intermedios da milla para que, algún alumno ou o mestre que os acompañaba, lles leera un párrafo aos seus compañeiros.









Se queres ver todas as actividades e información da Milla Diaria pincha no seguinte enlace:
 

viernes, 14 de mayo de 2021

XORNADA VIRTUAL: "FALEMOS XOGANDO"

 A través desta sesión, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, tiveron a oportunidade de coñecer a lingua de signos (LSE), o alfabeto Braille e sobre o deporte adaptado e inclusivo.

jueves, 13 de mayo de 2021

lunes, 3 de mayo de 2021

RECANTO DE XELA ARIAS

 Xa temos preparado o recanto das Letras Galegas adicado a Xela Arias.



E tamén temos actualizada a colección de contos dos bolechas dos diferentes homenaxeados nas Letras Galegas.