viernes, 11 de diciembre de 2020

BOS DESEXOS E FELICITACIÓNS DE NADAL

 Como este ano non é posible ambientar o centro con motivos de Nadal, queremos brindarvos a posibilidade de deixar un bo desexo ou ben felicitación de Nadal nun taboleiro virtual. 

Para saber como tes que facer presta atención ás seguintes instrucións:

como publicar no taboleiro virtual by Albeiros

Agora que xa sabes como facelo debes buscar o teu taboleiro pinchando enriba do teu nivel educativo. 

3 ANOS EI

4 ANOS EI

5 ANOS EI

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP

6º EP

miércoles, 2 de diciembre de 2020

CINEMA INCLUSIVO

 Queremos compartir con vós un cinema moi especial; un cinema inclusivo. Cada unha destas películas fainos reflexionar sobre valores, empatía, e o noso papel tan importante, para levar a cabo unha verdadeira inclusión.



viernes, 27 de noviembre de 2020

DÍA DAS "CAPACIDADES"

 O vindeiro 3 de decembro celébrase o día das persoas con discapacidade, que nós preferimos chamar día das "capacidades". Deixámosvos este genially con diferentes contos que falan da diversidade funcional. É importante fomentar a empatía, o respecto, a tolerancia e poñernos na pel do outro para comprender mellor os sentimentos dos demais. Todos somos diferentes e ao mesmo tempo todos somos especiais. Agardamos que vos gusten moito os contos!.


miércoles, 25 de noviembre de 2020

CORRELINGUA

 Un ano máis conseguimos gañar o correlingua! Este ano foi o alumnado de 6ºA que fixeron este fermosísimo traballo na categoría de vídeo!Noraboa !!


domingo, 15 de noviembre de 2020

DEREITOS DA INFANCIA

 O vindeiro día 20 de novembro celebrarase o día dos dereitos da infancia. No seguinte vídeo podes saber dende cando conmemoramos este día.


Tamén podes ver aquí estes dereitos explicados aos nenos/as.


Na seguinte presentación podes ver diferentes vídeos onde se explican polo miudo cada un dos diferentes dereitos da infancia.

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 ... chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. Xurxo Mariño Alfonso


O mes de novembro está adicado á ciencia en galego. Dende a biblioteca queremos achegarvos estes materiais e recursos dixitais que consideramos interesantes:

MANIFESTO DE XURXO MARIÑO

FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Podes ver actividades ofertadas polas bibliotecas públicas.

LIBROS INFORMATIVOS DE CIENCIA EN GALEGO.

Tamén vos deixamos este xogo no que se explica como realizar experimentos na casa. Agardamos que vos guste.

lunes, 9 de noviembre de 2020

sábado, 31 de octubre de 2020

DIA DAS LETRAS GALEGAS

 O día das Letras Galegas de este ano foi adiado ao 31 de outubro. Aquí vos deixamos algúns recursos de Ricardo Carballo Calero.


Neste outro vídeo poderás ver a mesma obra pero adaptada para  educación infantil.


Se pinchas na seguinte imaxe levarate á páxina da Real Academia Galega onde accedes a recursos que podes descargar sobre diferentes momentos da biografía do autor.


Premendo encima da seguinte imaxe accedes a todos os libros do homenaxeado.

A seguinte imaxe da portada do libro 
"As pitas baixo a choiva"
permíteche lelo conto.


E aquí podes velo con pictogramas.



Fermoso vídeo de  Marcos Escudero


A seguinte imaxe levarate ao Seminario Galán onde atoparás máis xogos en liña, así como activiadades para imprimir, para os diferentes cursos.
 

Pinchando no libro dos bolechas poderás ler este conto!



A continuación deixámosvos estes xogos onde poderedes poñer a proba os vosos coñecementos. Ánimo!!

domingo, 25 de octubre de 2020

PASATEMPOS E XOGOS DE SAMAÍN

Aquí vos deixamos pasatempos relacionados co Samaín. Esperamos que vos gusten!!!


E tamén xogos da oca matemática compartida por @burbulladePT para os distintos cursos:

XOGOS E RECURSOS DE SAMAÍN

Anímate a realizar estes dous genially de Martuky PF. No primeiro atoparás, xogos, bailes, cancións e historias do Samaín.
No segundo poderás poñer a proba os teus coñecementos sobre esta festa.

jueves, 1 de octubre de 2020

BIBLIOTECA VIRTUAL

 A través do seguinte genially compartido por bibliotecaforte,  teredes acceso a recusos virtuais como libros en pdf, audiolibros, libros electrónicos, prensa, fonoteca, cinema e actividades.

domingo, 17 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe é o día das Letras Galegas adicado a Ricardo Carballo Calero.


Aínda que a celebración do día queda aplazado ao 31 de outubro, debido á actual crisis sanitaria, deixámosvos aquí recursos para coñecer ao escritor.
Se pinchas nos seguintes enlaces levarante a diferentes actividades que podes realizar arredor deste autor:

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Deixámosvos unha mostra dos traballos para conmemorar o día do libro. 

Feliz día do libro!!

Tamén podedes acceder a contos na rede para escoitar pinchando
AQUÍ

lunes, 24 de febrero de 2020

miércoles, 19 de febrero de 2020

MARÍA REIMONDEZ


Hoxe recibimos no centro a visita da escritora María Reimóndez, para falarnos do seu libro "O xeito das froitas", un libro onde a protagonista Iris, ten unha relación peculiar coas froitas.
Foi unha actividade que nos gustou moito e no que puidemos compartir con María momentos moi divertidos.




jueves, 30 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da paz, realizamos diferentes nubes para inundar a terra de paz. E tamén realizamos un baile todos xuntos. Aquí podedes ver o ben que o pasamos.







miércoles, 29 de enero de 2020

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Alumnado de 5º A resultaron gañadores no Concurso de Postais de Nadal convocado por "La Voz de la Verdad". Noraboa a Marco, Carla, Lidia e Álex.!!



viernes, 17 de enero de 2020

"UTOPÏAS"

Recibimos no centro o espectáculo de contacontos "Utopías" levado a cabo por Atenea García. Nesta ocasión escoitamos un traballo relacionado coa igualdade. Aquí podedes ver diferentes momentos da actuación.