jueves, 31 de octubre de 2019

SAMAÍN

Estes días estivemos realizando actividades na biblioteca co motivo do Samaín. Como todos os anos o alumnado maior do centro axudou aos máis pequenos a realizar a proposta, neste caso unha manualidade. Tratábase de realizar arañas e cabazas empregando unha pasta moi especial que ao secar tamén botaba... foi moi divertido. 
Tamén visualizamos o conto "a bruxa regañadentes".


E escoitamos a canción "a bruxa Maruxa".








miércoles, 23 de octubre de 2019

CYBEREXPERTOS

Estes días tiveron lugar na biblioteca charlas para o alumnado de 5º e 6º de primaria sobre cyberacoso así como os perigos que podemos atopar na Rede.



martes, 8 de octubre de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Este ano contamos cun novo recanto na biblioteca: "biblioteca inclusiva". Nel podemos atopar, xogos para estimular e mellorar a linguaxe, recursos para mellorar as funcións executivas, para mellorar a coordinación motora e para mellorar a atención. Ademais, contamos cunha mesa de luz e un tapiz de luz, espellos montessori e un robot. Agardamos que este rincón sexa moi útil e divertido.