Celia Rodríguez Fernández e Lucía Latas Cabado, resultaron gañadoras do concurso de relato "Que é a morte para ti?" cuxo obxectivo é expresar a realidade dun falecemento sen dramatismo.
lunes, 27 de mayo de 2019
jueves, 23 de mayo de 2019
RECICLANDO CON ARTE
Aquí tedes un pequeno exemplo das preciosas obras que decoraron os pasillos do cole, grazas á colaboración das familias que participaron na proposta "reciclando con arte".
VISITA DE MARICA CAMPO
Hoxe visitounos Marica Campo para falar do seu último libro "unha misión para Clara" ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
lunes, 20 de mayo de 2019
FINAL XOGOS ROMANOS
Hoxe celebrouse a final dos xogos romanos en Astorga, e gañou un alumno do noso centro David Nieto, na categoría alevín, no xogo "O muiño". Felicidades!
viernes, 17 de mayo de 2019
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Na biblioteca celebramos esta semana as letras galegas con diferentes actividades.
En primeiro lugar contamos co recanto do homenaxeado: Antón Fraguas.
Tamén se colocaron nos corredores do centro os murais enviados dende bibliotecas escolares, como vimos facendo todos estes anos.
Na biblioteca levamos a cabo unha representación versionada do conto de Fraguas "o casamento da pulga e o piollo", polo alumnado de 5 anos A.
jueves, 9 de mayo de 2019
FESTA CORRELINGUA.
Hoxe celebramos a festa do correlingua en Lugo, onde o alumnado gañador de 6º cantou o seu rap. Se pinchas na imaxe do cartaz do correlingua 2019, levarate ao blog do cole onde podes ver imaxes da xornada.
miércoles, 8 de mayo de 2019
EDUCACIÓN SEXUAL
Estes días estamos levando a cabo charlas sobre educación sexual ao alumnado de sexto curso de primaria.
martes, 7 de mayo de 2019
CHARLA DOS XOGADORES DO BREOGÁN.
Recibimos no cole a xogadores do Breogán de Lugo que ademais nos contestaron un montón de preguntas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)