jueves, 31 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no centro o día da paz e a non violencia.
Se pinchas na imaxe levarate ao blog do centro onde poderás ver moitos traballos do noso alumnado.


miércoles, 30 de enero de 2019

CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Hoxe levamos a cabo na biblioteca un contacontos moi especial. Visitáronnos ex-alumnos do centro que agora están no IES Muralla Romana. Quixeron agasallar aos máis pequeniños do cole, ao alumnado de infantil, con contos relacionados co día: coa Paz!. Foron uns contos preciosos que nos encantaron, pasámolo xenial e por riba puidemos participar na actividade. 
Moitísimas grazas pola visita e tamén ás profes que acompañaron a este ex-alumnado! E xa sabedes, que sempre seredes ben recibidos no Centro. Grazas!





miércoles, 23 de enero de 2019

VISITA DE MÓNICA RODRÍGUEZ

Hoxe recibimos na biblioteca á escritora Mónica Rodríguez, autora do libro: "la tía Clio y la máquina de escribir", que foi unha obra que nos encantou. Mónica explicounos todo o proceso de elaboración de un libro, e as diferentes fases polas que pasa, dende que se escribe ata que chega a nós. Tamén nos contestou a un montón de preguntas que fixemos. Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de segundo e terceiro de primaria.






martes, 22 de enero de 2019

CHARLA CON PILABOT

Como todos sabedes, este ano estamos participando no concurso Pilabot, reciclando pilas e acumuladores no noso centro. Hoxe recibimos unha charla na biblioteca onde aprendimos moitas cousas sobre o importante que é reciclar este tipo de materiais que contaminan moito a natureza se non os depositamos no lugar adecuado. 



viernes, 18 de enero de 2019

CHARLA DE SOGAMA

Hoxe recibimos na biblioteca unha charla sobre a reciclaxe e como levala a cabo correctamente, como unha das actividades dentro do proxecto de innovación educativa "Recicla con Sogama". Neste caso, estivo dirixido ao alumnado de quinto, xa que forman parte das "brigadas" que no recreo vixian que todos reciclemos correctamente.




jueves, 17 de enero de 2019

NOVIDADES

Xa temos as ultimas novidades na biblioteca! Achégate para botarlles un ollo!.

OS BOLECHAS: RECICLAXE DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS

Dentro do proxecto da biblioteca "reciclando con arte", hoxe os bolechas visitaron o noso cole para explicarlle ao alumnado de sexto a reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos. Foi unha sesión divertidísima que rematou vía interpretación final do "Rap da reciclaxe".
Como agasallo cada alumno recibiu: un libro dos bolechas, dous cuadernillos de actividades, un carnet, unha pegatina e un díptico explicativo.





RECICLANDO CON ARTE

O noso Centro ven de ser seleccionado para participar no Plan Proxecta: reciclando con Sogama. Dende o equipo da biblioteca traballaremos conxuntamente este proxecto que leva por título: "RECICLANDO CON ARTE". A idea é traballar obras de arte empregando materiais de refugallo. 

As familias podedes participar dende a casa elaborando unha obra de arte coñecida ou calquera outro obxecto con elementos de refugallo.






martes, 15 de enero de 2019

INTERNET.

Nesta semana do 14 ao 18 de xaneiro, estamos levando a cabo na biblioteca charlas de concienciación do uso de Internet. Concretamente para o alumnado de quinto, sobre "Internet: perigos acoso escolar", e para o alumnado de sexto: "Cyberexpertos".
As charlas foron levadas a cabo por un policía que nos explicou a maneira segura de navegar pola Rede e de protexernos.